ATA 30€ EN DESCONTOS

O sistema funciona a través dunha aplicación móbil e o importe de cada Bono Fadas irase consumindo en función do valor da compra.

IMPORTE COMPRAS*
DESCONTO
20€ a 30€
5€
30€ a 50€
10€
≥ 50€
15€

*IVE INCLUIDO

Como funciona o Bono Fadas?

Cada persoa empadroada no Concello de Ponteceso disporá dun Bono Fadas con descontos de ata 30€, que poderá utilizar de maneira progresiva nos establecementos adheridos á campaña.

Se o crédito do programa se esgota, os bonos descargados xa non se poderán empregar.

PASOS PARA CONSEGUIR O TEU BONO FADAS

PASO 1

Date de alta aquí.

PASO 2

Enviarémosche un sms de validación.

PASO 3

Activa o teu BONO FADAS e descárgao.

PASO 4

Busca este distintivo no teu comercio.

PASO 5

Amosa o teu código QR no momento do pago.

Agasallo directo co Bono Fadas

Se realizas unha compra mínima de 20€ utilizando o “Bono Fadas”, levarás de agasallo unha totebag oficial da campaña (ata fin de existencias).

A colección está formada por 4 modelos diferentes inspirados no universo das Fadas de Pondal, con ilustracións creadas por Chus Rojo especialmente para esta campaña.

Cada compra fai medrar a maxia do comercio local!

Información mantida e publicada en internet polo Concello de Ponteceso