O Concello de Ponteceso pon en marcha o Bono Fadas, unha iniciativa para apoiar e dinamizar o comercio local, incentivando o consumo nos establecementos da vila. A través desta aplicación, a veciñanza poderá acceder a vantaxes directas nas súas compras, contribuíndo ao mesmo tempo a reforzar o comercio de proximidade.
Cada persoa empadroada no Concello de Ponteceso disporá dun Bono Fadas con descontos de ata 30€, para utilizar nos establecementos adheridos á campaña.
Establécense tres tramos de gasto nos que se aplicarán os descontos correspondentes:
*IVE INCLUIDO
Co obxectivo de reforzar a participación, entregarase un agasallo directo asociado ao uso do bono:
Cada establecemento adherido recibirá unha dotación inicial de bolsas. Unha vez esgotadas, poderán solicitar e recoller novas unidades no Concello, garantindo así a continuidade da campaña.
Información mantida e publicada en internet polo Concello de Ponteceso